martes. 28.06.2022

Chegou a Santiago ás 10:13 horas logo de recorrer os 264 quilómetros que separan Ponferrada de Santiago de Compostela

O ultrafondista de Chantada, Fernando Ibarra, chegou a Santiago de compostela case que dúas horas antes do previsto, ás 10:13, despois de completar o segundo desafío polo Camiño de Inverno que este ano leva o título «Descubre 260 km de paisaxe, límite 48 horas». 

O ulrafondista con José Parra y Aida Menéndez antes da saída, no castelo dos Templarios

En Santiago estaba agardándoo a presidenta da Asociación Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra, Aida Menéndez Lorenzo e o vicepresidente da súa homonima en Deza e Lalín, Emiliano García Méijome. A presidenta da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago por Valdeorras, Asunción Arias, non estivo presente a hora da chegada debido o adianto da mesma, aínda que si acudiu á capital de Galicia.

Asunción Arias e Aida Menéndez, hoxe en Santiago de Compostela

Desde Ponferrada ó Barco, Ibarra, estivo acompañado todo o traxecto polo gran afeccionado ós retos, Jose López García “Parra”, que lle serviu de guía xa que de noite é máis fácil coller os camiños equivocados. «Acompañoo eu xa que coñezo ven ese tramo e así vai máis tranquilo», apuntaba Jose García «Parra».

Jose García junto a Fernando Ibarra antes de emprender el desafío

48 horas e 25 minutos foi o que tardou Ibarra en recorrer os máis de 260 quilómetros que separan Ponferrada de Santiago de Compostela atravesando o Camiño de Inverno.



A proba comezou o venres ás 22:00 horas nope do castelo Templario de Ponferrada e continuou  polas paraxes do Bierzo tan espectaculares como o Castelo de Cornatel ou As Médulas.

Ibarra bebendo na fonte de Pumares

Xa en terras galegas entrada por Quereño para logo chegar Pumares, e seguir cara Sobradelo polo camiño recentemente arranxado polo Concello de Carballeda. Os dous deportistas chegaron ó Barco ás 5:00 horas, media hora antes do previsto. Xa desde a vila barquense, Ibarra fixo o traxecto el só.

Ibarra o seu paso polo Barco, no Paseo do Malecón, fronte as oficinas de Somos Comarca

Foi a segunda vez que Ibarra se enfrontou a este reto, e en ambas ocasións acadouno. O pasado ano, recordamos co fixo a medidos de xaneiro e ademais do reto en si, engadiuse unha dificultade a maiores debido á época do ano na que se desenrolou.



Ademais dos dous desafíos conseguidos, Ibarra tamén participou en 2015, na proba de ultrafondo dos Six Jours de France, que se disputou na localidade gala de Ville de Privas. Nesta proba acumulou un total de 514 quilométroos nas 144 horas que durou a competición.



Asunción Arias, presidenta da Asociación Amigos do Camiño de Inverno por Valdeorras, pensa que toda promoción que se faga do «Camiño» é boa. Aínda que, «o que realmente da prestixio ó Camiño son os propios peregrinos, comunicándose entre eles. O que realmente funciona é o boca a boca», declarou este medio. Ademais sinalou que son cada vez máis os peregrinos que elixen o Camiño de Inverno, «raro é o día que non pasan tres ou catro, e as veces grupos de máis de 20», afirmou a presidenta.


Fernando Ibarra conseguiu o II Desafío polo Camiño de Inverno en menos de 48 horas