viernes. 29.03.2024
Camiño de Inverno a su paso por Sobradelo
Camiño de Inverno a su paso por Sobradelo

Asunción Arias, presidenta da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago por Valdeorras, salienta os problemas que se dan en Éntoma, Rubiá e A Rúa

Asunción Arias, Asociación de Amigos do Camiño de Santiago por Valdeorras, afirmou que os traballos de sinalización do tramo do Camiño de Inverno que discorre pola comarca de Valdeorras aínda non están rematados. A súa vez, destaca que parte dos traballos deben ser correxidos.

A esta conclusión chega tras comprobar in-situ a colocación das sinais e ver que en moitos cruces os letreiros poderían facer perderse aos futuros peregrinos que transiten pola zona unha vez se levanten as restriccións pola COVID-19.

Dende a asociación valdeorresa encontránse en permanente contacto co Xacobeo e esperan que a empresa encargada de realizar os traballos se poña en contacto con eles para poder coordinarse e realizar a sinalización da mellor maneira posible.

Os principais problemas danse nada máis entrar a Galicia dende Castela e León. En Quereño, pertencente ao Concello de Rubiá débese indicar a alternativa que existe respecto ao Camiño de Inverno orixinal.

En Éntoma, xa no Concello do Barco, estanse a levantar os fitos que colocaran dende o consistorio e poñendo outros novos no seu lugar, para Asunción Arias a problemática neste lugar subsanaríase colocando un fito máis na zona. «Con estas sinais, si se poñen ben, o camiño quedará bastante ben, sin que o peregrino se perda» detallou Arias.

No casco urbán da Rúa tamén hai diversos problemas, mentres que en Vilamartín e O Barco non fai falta polo momento correxir os traballos feitos ata o momento, malia que no primeiro concello falta por sinalizar o tramo urbán de Arcos.

Se quere escoitar todo o que salientou Asunción Arias, pode facelo na seguinte ligazón:

Asunción Arias: «Todavía quedan sinais por colocar»