miércoles. 18.06.2025

A Veiga reivindica ser o teito de Galicia co son da gaita.

Na mañá do 17 de xuño ó redor de 30 persoas, entre os que se atopaba o alcalde de A Veiga Juan Anta, partiron de Vilanova rumbo o cumio da montaña, para reivindicar que o teito de Galicia está en Trevinca. Adrián Cotado Rodríguez fixo soar a gaita que entoou o himno do antigo Reino de Galicia e que serviu tamén coma homenaxe a banda de gaitas de A Veiga que xa no 2002, interpretou nestes cumios de Trevinca o mencionado himno. O día anterior protestouse no centro de interpretación de Ponte o documental “Unha aperta a Trevinca”, que repasou a historia deste concerto feito 15 anos atrás.

[df-caption title="" url="http://somoscomarca.es/wp-content/uploads/2017/06/somoscomarca_aveiga_gaiteiro_2017_o6_17-12.jpeg"]

Segundo sinalou Anta “foi algo magnifico, algo precioso, algo moi emotivo e que nos leva a reivindicar, coma sempre digo, A Veiga e Trevinca, como un dos referentes do turismo rural galego. O respecto a montaña, o desenrolo sostible baixo o cal se poden crear postos de traballo e manter e conservar o noso territorio, con cabeza e dun xeito firme, para que a xente veña a ver o noso pais”.

[df-caption title="" url="http://somoscomarca.es/wp-content/uploads/2017/06/somoscomarca_aveiga_gaiteiro_2017_o6_17-3.jpeg"]

Con vocación de continuidade naceu o “Día da Montaña en Galicia” e celebrarase todos os 17 de xuño. O obxectivo desta celebración é  dar a coñecer a montaña e que A Veiga sexa unha referencia de ese tipo de turismo.

[df-caption title="" url="http://somoscomarca.es/wp-content/uploads/2017/06/somoscomarca_aveiga_gaiteiro_2017_o6_17-9.jpeg"]

O baixar de Trevinca achegáronse de novo o centro de interpretación de Ponte, inaugurado o pasado 9 de xuño. Desde alí amosóuselle ós participantes todo o que hai que ver na Veiga e en Trevinca. Anta recalcou, “foi un día precioso, tanto pola subida, como polo son da gaita no medio da nada e do todo e logo rematar no centro de interpretación foi o cumio”.

[df-caption title="Juan Anta e Cholo" url="http://somoscomarca.es/wp-content/uploads/2017/06/somoscomarca_aveiga_gaiteiro_2017_o6_17-5.jpeg"]

O evento estivo organizado polo concello de a Veiga y o Club de Montaña O Trisquel.

Imaxes cedidas.

[df-caption title="" url="http://somoscomarca.es/wp-content/uploads/2017/06/somoscomarca_aveiga_gaiteiro_2017_o6_17-11.jpeg"]

A Veiga reivindica ser o teito de Galicia co son da gaita.