domingo. 08.06.2025

A Veiga camiñou en solidariedade polos afectados por cancro

Un total de 80 persoas inscribíronse na camiñata organizada polo Concello para recadar fondos en prol da AECC.

Os participantes saían pasadas as 9.30 horas do domingo 18 de agosto, desde a Praza do Concello, para percorrer 6 quilómetros que os levaron ate a aldea de Baños. A chegada no mesmo lugar, xa que se tratába dun recorrido circular.

somoscomarca_240818_aveiga_andaina_aecc_cancer (1)
Intres antes da saída

É a primeira andaina que se organiza na Veiga para recadar fondos para a Asociación Española Contra o Cancro. As voluntarias da AECC  montaron na saída, unha mesa informativa das súas campañas e tamén venderon merchandising, coma pulseiras e gorras.

somoscomarca_240818_aveiga_andaina_aecc_cancer (12)
O alcalde da Veiga achegouse á mesa para colaborar coas voluntarias

Tras dúas horas camiñando, os participantes foron recibidos pola Banda de Gaitas da Veiga e con froita e outros alimentos no lugar de onde partiran, a Praza do concello. 

somoscomarca_240818_aveiga_andaina_aecc_cancer (2)
Banda de Gaitas da Veiga recibindo aos participantes

A Veiga recibiu aos 80 participantes nunha praza chea de cor, decorada cas labores das mulleres da Veiga dentro das actividades de Tecendo Soños. Non faltou o alcalde, Juan Anta, que non dubidou en achegar o seu donativo na mesa da AECC.

somoscomarca_240818_aveiga_andaina_aecc_cancer (5)
Os artigos de Tecendo Soños decoraron a Praza do Concello

 

A Veiga camiñou en solidariedade polos afectados por cancro