
O Concello de A Veiga acollerá o seminario «As Paisaxes Culturais da Montaña Galega» que se celebrará entre os días 6 e 8 de outubro. Este evento está organizado pola Escola Galega da Paisaxe Juana de Vega coa colaboración do Grupo de Análise Territorial.
O obxectivo é determinar a sustentabilidade das paisaxes culturais de montaña, o curso contará tamén cunha parte práctica que consistirá na elaboración de mapas colectivos tralo recollecemento do terreno coa finalidade da posta en valor do patrimonio tanxíbel e intanxíbel destas paisaxes.
Trátase dun seminario de debate e intercambio acerca da cultura propia das paisaxes de montaña para iso, numerosos expertos na materia, catedráticos e profesionais especializados congregaranse na Veiga durante tres días. Así a todo, trátase dun curso de 30 horas, dirixido no só ó público especializado senón a todas as persoas interesadas polo que a poboación local tamén se pode inscribir.
De feito, dende o consistorio subvencionarase a matricula ordinaria aos residentes en dito concello. A actividade estará recollecida cun crédito ETCS para o alumnado do grao de Xeografía e Ordenación do Territorio da Universidade de Santiago de Compostela.