
O alcalde da Veiga, Juan Anta, aposta polo sector agro-gandeiro local, do que pensa que “xoga un papel fundamental no concello”. Por esta razón, no vindeiro 2018 “abriremos unha oficina para que a xente que se adique a gandeiría teña toda a información e formación necesaria”. Entre outras cousas, “cubriremos papeis, faremos solicitudes, entregaremos documentos, e enviarémolos a outras oficinas, para que non teñan que desprazarse para facer trámites, algo que supón un coste moi importante para eles”, explica.
Según conta o alcalde, a obra da citada oficina xa está certificada e para a súa posta en funcionamento, “o proxecto xa conta cunha cantidade importante contemplada no orzamento do 2018, que se pechará o vindeiro venres día 29 de decembro”. Segundo apunta, este ano a cantidade total do orzamento será máis elevada, concretamente 100.000 euros por encima se temos en conta a do ano pasado. En total, “andaremos polo 1.180.000 euros”.
O 2018 será para Juan Anta “o ano no que se construya o planetario-observatorio, unha infraestructura turística das máis importantes da provincia de Ourense”. Considera Anta que esta obra será “un dinamizador do territorio e da comarca, indiscutible”. Na actualidade, o proxecto xa se está redactando, e o primeiro edil da Veiga espera que se poda adxudicar a obra no primeiro trimestre do 2018. Desta forma, podería ser unha realidade a finais do ano que está por chegar.
Tamén será o ano “da consolidación do proxecto de apicultura”, xa que no 2017 “obtuvemos 1.000 kilos de mel etiquetada”, e o ano no que se fará realidade o plan de vivenda posto que “xa se están a entregar as primeiras licencias de obra”. Espera o alcalde que cara abril ou maio “haxa un número importante de vivendas cun aluguer moi baixo para todo aquel que queira vivir na Veiga”. A un prezo de entre 150 e 180 euros, e cunha serie de axudas para aluguer a disposición, non é de extrañar que xa estén a recibir no Concello, chamadas de xente interesada, antes incluso de rematar as obras.