Por mor do tempo, o Concello da Veiga suspende ata aviso os actos que se ían a celebrar hoxe en Ponte, con motivo da celebración do Día Internacional da Muller Traballadora. Y é que, segundo anuncia MeteoGalicia, a borrasca Félix pasará preto da nosa Comunidade ocasionando a presenza de fortes ventos tanto no litoral como no interior. Na montaña do oriente ourensá hai alerta de Nivel Laranxa (existe un risco meteorolóxico importante -fenómenos meteorolóxicos non habituais-) por mor do vento.
Estaba previsto para a xornada un café tertulia no centro de interpretación de Ponte baixo o título “A Igualdade Real”, a partir das 11:00 horas. Logo do café, andaina ata o refuxio O Fial, para ó retorno facer un coloquio: “Situación das mulleres no rural no avance cara a igualdade de xénero e a súa contribución a creación dunha sociedade máis xusta e igualitaria”. As 14:30 os actos do Día da Muller rematarían cun xantar.
Todas estas actividades previstas para este sábado quedarán aprazadas para dentro de 15 días, se o tempo permíteo, segundo nos informaron dende o Concello.