
Hoxe venres 21 de xullo os veciños e visitantes de Valdeorras teñen unha cita coa Vía Láctea no miradoiro estelar de O Rañadoiro, en A Veiga.
Os participantes nesta viaxe estelar poderán obervar o ceo tanto a simple vista como a través dun telescopio, acompañados do astrónomo especializado nos ceos de Trevinca, Óscar Blanco. "Nos centraremos en la observación de la Vía Láctea, nuestra propia galaxia vista desde dentro, que se ve muy bien en esta época del año", explica Blanco.
Coa axuda do telescopio poderase ver o planeta Saturno, que se encontra á vista durante as noites de verán. "A primera hora también se puede ver Júpiter", sinala o astrónomo, que fará algunha fotografía nocturna e de grupo para rexistrar a visita.
De momento hai preto de 50 persoas anotadas, pero as inscricións continúan abertas a través da oficina de turismo de A Veiga, ou ben chamando ao número de teléfono 988 35 01 30. Tamén está dispoñible o correo electrónico turismo.aveiga@gmail.com para solicitar insformación ou inscribirse na actividade.
Prevense ceos despexados para esta noite polo que os participantes poderán observar a fermosura do espazo visto dende a montaña de Trevica, destino turístico Starlight. "Es el mejor sitio de Galicia para observar los cielos, sin ninguna duda", comenta o experimentado astrónomo.
A cita será unha gran oportunidade para observar a Vía Láctea dende un lugar único e incomparable terá lugar a partires das 23:00 horas desta noite e ata aproximadamente ás 01:30 da madrugada.