jueves. 28.03.2024

Tras case tres meses dende a posta en funcionamento do Centro Apícola de Prada, na Veiga, os ingresos provintes da apicultura aumentaron un 300%. Así o explica o alcalde, Juan Anta, “onde antes se vendía a granel a 3,50 euros, agora véndese a 8 ou 10 euros”. Ademáis, agora o rendemento obtido da explotación apícola da Veiga quédase na casa xa que “ata agora non o estaban obtendo os veciños porque o problema máis grave era que moitos dos apicultores non eran da nosa zona, non xenerara ningún traballo directo”.

Explica Anta que o seguemento e a axuda a estes traballadores é continua, “agora se está formando a toda a xente que o reclama, temos reunións periódicas”. A formación é constante para eles, “imos facer catro ou cinco cursos de maneira inmediata” e, segundo conta o rexedor, pronto comezarán a estar presentes nas feiras de alimentación máis importantes de comunidade galega, algo que xa está incluido na planificación do calendario do ano que ven.

Trinta apicultores benefícianse actualmente dos servicios que ofrece o Centro Apícola que forma a todas aquelas persoas que se incorporan á actividade, donos de colmeas pero non da maquinaria para a extracción, envasado ou almacenamento dos productos.

A Veiga tratará de crear as súas marcas de calidade para os seus productos artesanos, a mel e a carne, co fin de mellorar a súa industria. “Non quero que pase do ano que ven para facelo, temos que por o noso gando en valor; eu calculo que a principios de ano empezaremos a ter novedades”, afirmaba o rexedor.

Os ingresos dos apicultores da Veiga aumentan un 300%