
«Teremos a mellor liña de transporte que nunca tivemos», asegura o alcalde, Juan Anta
A Veiga contará con dous liñas de autobús para as comunicacións por estrada, que unirán o municipio con O Barco, unha pasando pola población de Prada, e outra pasando por Viana do Bolo. «Isto supón pasar de cero a ter un servicio digno que os veciños merecen», conta Anta, «A Veiga estará a partir de agora perfectamente comunicada tódolos días».
O rexidor veigués califica a nova de «fantástica» e felicita «á xente do Concello polo traballo feito, por tantas horas revisando o plan de transporte que levaron a facer as alegacións que a Xunta tivo en conta».
Nun breve espazo de tempo, e gracias á unión en bus co municipio de O Barco, A Veiga poderá, asímesmo, «pasar a estar conectada con A Gudiña e A Rúa». Anta cree que o abano de posibilidades para A Veiga ábrese cando o territorio logra melloras na comunicación, «e este é un bo exemplo, un servizo digno que merecen», explica. E engade, «se queremos que a xente continúe vivindo na Veiga, temos que apostar polo que faga á xente vivir dignamente».