
Dentro da programación “Un Verán de Altura” do Concello da Veiga, continúan as actividades nesta fin de semana. A primeira delas será mañá venres día 16 de agosto coa presentación do libro “Pel de crocodilo” da veiguesa Rosana Murias na Sala de Conferencias O Toural.
A mesma sala acollerá a exposición “As terras de Trevinca nos lenzos de Paco Ascón” de luns a sábado en horario de 11:00 a 13.:00 horas e, polas tardes, de 19:00 a 20:00 horas.
En canto a aposta do Concello polo astroturismo, o sábado 17 de agosto terá lugar a Experiencia Fotográfica “Lúa de Esturión”, guiada polo astrónomo Óscar Blanco. A inscrición será na oficina de turismo até mañá venres ás 20:00 horas ou a través do enderezo electrónico turismo@aveiga.gal.
Xa o domingo 18 de agosto ás 9:30 horas arrincará unha Andaina solidaria contra o cancro. É unha ruta circular de 6 kilómetros que sairá e finalizará na Praza do Concello. Contará cun detalle para todos os participantes e un avituallamento no percorrido.
É posible inscribirse para participar ata as 12:00 horas de mañá venres, día 16 de agosto, a través do enderezo electrónico concello@aveiga.gal ou o mesmo día ata media hora antes da saída. A cota de inscrición para maiores de 16 anos é de 10 euros e para menores de 16 anos 5 euros.