
O Concello da Veiga organiza esta fin de semana diferentes eventos culturais. As actividades arrincarán o venres 26 de xullo ás 19:30 horas cos tradicionais Cantos de Taberna. Este ano participarán ademais a Banda de Gaitas do Concello de Celanova, As Macizas Centrais de Trives, e a Banda de Gaitas da Veiga.
A concentración dos grupos no Restaurante As Chairas será a primeira parada do percorrido, para continuar co resto de locais: Albergue Montañas de Trevinca, Restaurante Río Xares, O Retiro (O Coiñedo), Bar Yáñez e Bar Laila.
Xa o sábado día 27 ás 12:00 horas na Sala de Conferencias O Toural, presentarase o libro “Mis reflexiones vitales" de Paco Ascón, O Pintor de Xares. Escritor e pintor veigués cunha longa traxectoria profesional, cuxo libro é unha viaxe na que reflexiona as súas impresións sobre diversos temas da vida. Ao finalizar haberá unha tertulia coloquio.
A mesma tarde, ás 20:30 horas, terá lugar o concerto da Agrupación Musical de Vincios (Gondomar) na praza do Toural. Unha banda cunha ampla experiencia en orquestas profesionais, xóvenes, bandas municipais e grupos de cámara.
Todas as actividades serán de balde co obxetivo de seguir «facendo un verán distinto no noso concello, no que o turismo de natureza sempra veña acompañado de cultura e tradición».