jueves. 19.06.2025

O Concello de A Veiga contra a violencia de xénero

portada

O Concello de A Veiga, a través da Concellería de Igualdade pon en marcha a Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero aprobada previamente polo Órgano de Goberno Municipal.

Uns días atrás, reuníanse por primeira vez no Concello os representantes de todos os ámbitos municipais do que forma parte esta Mesa: Departamento dos Servizos Sociais do Concello xunto coa Concelleira de Igualdade e o Alcalde, representante da Guarda Civil, representante do Centro de Saúse, do colexio e máis da Asociación de Mulleres Rurais.

A posta en funcionamento desta Mesa é un fito importante posto que implica unha coordinación interinstitucional contra a loita da violencia de xénero e procurar así unha maior eficiencia da resposta ante a grave vulneración de dereitos que supón este problema.

Nesta primeira reunión xa se abordou a problemática en relación ao Concello de A Veiga, propuxéronse puntos de vista de cadansúa institución representada e acordouse a creación dun protocolo como medida de optimización dos recursos dispoñibles para a mellora e detección precoz de posibles casos de Violencia de Xénero como medida de prevención e situacións máis críticas. Tamén se acordou que esta Mesa estará funcionando de maneira permanente convocándose reunións de maneira periódica ou sempre que o requira o caso.

O Concello de A Veiga contra a violencia de xénero