jueves. 29.02.2024
somoscomarca_aveiga_juananta_fabiolagarcia
Compromiso da Xunta para reforzar a atención aos maiores e as familias da Veiga

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, entrevistouse esta semana co alcalde de A Veiga, Juan Anta Rodríguez, para seguir avanzando na mellora dos centros e programas de servizos sociais que a Xunta de Galicia ten neste concello.

A veiga conta con dúas casas niño e casa do maior, así como con programas como o Xantar na casa, para levar menús semanais aos fogares das persoas maiores que viven soas; e o apoio orzamentario para levar coidados ás casas das persoas maiores deste municipio en situación de dependencia a través do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) .

somoscomarca_manzaneda_casaniño_iria (1)

Fabiola García trasladou ao primeiro edil que a atención aos maiores e o apoio ás familias continúan sendo dous dos eixes fundamentais dos orzamentos da Consellería para o vindeiro ano 2024, que ascenden á cifra récord de 1.205 millóns de euros, un 12% máis con respecto aos actuais.

somoscomarca_aveiga_entroidoxovesdelardeira_2023 (17)
Mayores e nenos celebrando o Entroido xuntos, na Veiga

A conselleira apuntou que este incremento permitirá consolidar todo o que ten avanzado Galicia nestes anos nos coidados aos maiores e aos máis pequenos. Así, daranse os primeiros pasos cara á universalización dos coidados das persoas con dependencia coa posta en marcha do Bono coidado no fogar e un complemento ao Bono residencia. Ademais, a nosa comunidade continuará sendo unha referencia na posta en marcha de recursos de conciliación en pequenos concellos como o que rexe Anta.

Compromiso da Xunta para reforzar a atención aos maiores e as familias da Veiga