
A Veiga acolleu na mañá do 14 de abril, a case que catrocentos padexeiros procedentes de toda a comunidade galega.
O Encoro de Prada, e mais concretamente a Praia dos Franceses, no concello da Veiga, foi o escenario da segunda regata da Liga Galega Infantil da presente tempada. Unha proba na que só participaron rapaces e rapazas das categorías infantil e alevín. Foron 380 os inscritos e 36 os clubs participantes.
[df-caption title="" url="http://somoscomarca.es/wp-content/uploads/2017/04/somoscomarca_aveiga_regata_2017_04_15-2.jpg"]
As probas comezaron as 11:00 horas ca saída das mulleres alevín. Pecharon a regata os integrantes da categoría home infantil A, na modalidade de Kayak. O bo tempo e a riqueza paisaxística das Terras da Veiga atraeron a gran número de familiares e amigos dos rapaces participantes, así coma ós visitantes que nestas datas se achegan á comarca.
[df-caption title="" url="http://somoscomarca.es/wp-content/uploads/2017/04/somoscomarca_aveiga_regata_2017_04_15-3.jpg"]
Xornada de Sábado Santo na que o deporte e divertimento déronse cita na Veiga. O seu alcalde, Juan Anta, valoraba positivamente esta iniciativa e cualificábaa dun éxito absoluto. "A veiga segue apostando polo turismo, polo deporte náutico, neste caso. Vamos a seguir a facer actividades dentro duns meses, pondo en valor o territorio”, declarou Anta. Ademais sinalou que, “o resultado empézase a ver cando, fai mais dun mes que temos cubertas todas as prazas hostaleiras para estas datas”.
[df-caption title="" url="http://somoscomarca.es/wp-content/uploads/2017/04/somoscomarca_aveiga_regata_2017_04_15-6.jpg"]
Esta regata é a segunda que se realiza en pouco mais de medio ano, xa que a principios de setembro o concello, xunto ca Federación Galega de Piragüismo organizou neste termo municipal a 6ª Regata Liga Galega (masculina-feminina).
[df-caption title="Daniel Rodríguez do Fluvial Barco " url="http://somoscomarca.es/wp-content/uploads/2017/04/somoscomarca_aveiga_regata_2017_04_15-4.jpg"]
Os resultados acadados polos nenos do Fluvial Barco, foron bos e pese a só participar 7 rapaces o clubs acadou unha mais que meritoria décimo terceira posición. Os participantes do club foron: Nicolás Díaz López que acadou unha vixésimo segunda posición entre os 52 participantes, na categoría Alevín A. Daniel Rodríguez López e Juan José Rodríguez Rodríguez quedaron no posto 23 e 29 dos 45 participantes na categoría Infantil B. Yoel Rodríguez Vega quedou décimo sexto en Infantil A. Tamén o fixeron ben as participantes na categoría Infantil B Feminina, Sabela Rodríguez, Xiana Fernández Arias e Yurena Rios Rubio.
[df-caption title="Yoel un dos participantes do Fluvial Barco" url="http://somoscomarca.es/wp-content/uploads/2017/04/somoscomarca_aveiga_regata_2017_04_15-7.jpg"]