
A segunda exposición gandeira e agrícola de Trevinca, Crianza Trevinca, ten armonías con queixos e viños e un túnel de sabores de produtos da feira con catas guiadas pola sumillier, Mercede González
Viños da D.O Valdeorras, xa que A Veiga é zona non productora, godellos e mencías e armonías con queixos de Entrimo de denominación de orixe Tetilla, foi o que se levou a cabo na mañá do sábado.

«Catouse un denominación de Orixe Tetilla e fora das D.O´s catouse un queixo con estrugas, outro con arandos, outro con noces e un curado, todos de vaca e con leite pasteurizado», sinala a sumillier.
«Fomos facendo as armonías probando este queixo con este viño ou con este outro», explica a sumillier. Segundo ela subliña, «temos metido na cabeza que o queixo vai ben co tinto, pero en na práctica os queixos en xeral van mellor cos brancos». «Non me gusta chamarlle maridaxe porque na combinación hai xuntanzas que se anulan», explica.

A tarde, túnel de sabores con produtos agroalimentarios que están representados na feira, «así a xente ten opcións. Son produtos gourmets que revalorizan a terra», resalta. Pola tarde haberá un viño tinto de mencía con un pouquiño de garnacha e brancellao de RibeiraSacra, bica con fariña de castañas, licor café do Barco, marmalada de mel con peras ao viño tinto e un queixo de Trevinca, unha elaboración especial», sinala sobre os produtos que se catarán no túnel de sabores. «É o queixo dos dous acentos. Elabórase aquí en Trevinca cunha receita do norte de Córdoba», comenta do queixo elaborado na Veiga.

Mañá viño de garnacha tintorera da D.O. Valdeorras, queixos de Trevinca de vaca e mel da zona de estas montañas.