jueves. 05.06.2025

A cuarta edición da Feira do Gando da Veiga xa ten data

Juan Anta, alcalde do municipio, avanza que este ano será o 20 de outubro e contará con sorpresas 
somoscomarca_aveiga_feira_gando_2021_10_09 (15)

Máis de 1000 persoas déronse cita na anterior edición da Feira de Gando que se celebra no Concello da Veiga. En esta ocasión, a cuarta edición será o 20 de outubro, tal e como avanza Juan Anta, alcalde do municipio. 

A feira regresa e faino co mesmo obxectivo, reivindicar a figura do gandeiro, as raíces e a maneira de facer as cousas deste municipio de montaña. Pero tamén os artesáns e todas aquelas persoas que fan o rural.

«Teremos novidades, cada ano queremos evolucionar», asegura Anta. Os gandeiros serán premiados con unha maior focalización neles. A maiores, daráselle «parte do orzamento con comida, herba ou outras cuestións». 

A cuarta edición da Feira do Gando da Veiga xa ten data