domingo 24/10/21

A ANPA A Galocha da Veiga iniciou unha campaña de recollida de alimentos

As doazóns dos alimentos poderanse facer en prácticamente todos os establecementos da localidade durante o mes de decembro

A asociación de pais e nais «A Galocha» da Veiga comezou esta semana unha recollida de alimentos non perecedeiros para todas as familias que así o precisen.

En colaboración co Banco de Alimentos de Ourense e ca axuda dos negocios e o Concello da Veiga, durante todo o mes de decembro todo aquel que desexe contribuír esta causa poderá facelo.



Noelia Prieto, presidenta da ANPA, subliña que dende a ONG o que máis precisan nestes intres é arroz, pero sen olvidarse de todos os tipos de alimentos non perecedeiros,. Este ano o xel hidroalcohólico ou as máscarillas entran dentro dos artigos que se necesitan e que tamén se poden considerar de primeira necesidade.

«Estamos empezando porque tivemos uns problemas ao principio, pero temos todo encarrilado. A ver se a idea surxe efecto e conseguimos bastantes alimentos. Todo surxiu en outubro entre a nova directiva da ANPA» declarou Prieto. Sinalou que os problemas iniciais debéronse a que moitas asociacións por mor da COVID-19 só recollían doazóns económicas.



Co paso do tempo viron como outras ONG como o Banco de Alimentos de Ourense si aceptaban a comida físicamente. «Estamos en colaboración con eles e todos os negocios da Veiga, que se volcaron, incluso colocaron unhas huchas solidarias feitas polos nosos peques, por se alguén quere facer unha contribución económica» afirmou a presidenta da Galocha.

Este ano por culpa do coronavirus a actividade da asociación e moi diferente, por exemplo o contacto cos profesores e casi nulo. «Aquí que somos un colexio pequeno e familiar estamos acostumados a ter un contacto cos profesores como se foran da familia, este ano e estrano. Os nenos están dando un exemplo tremendo aos adultos», asegura a .

Se desexa escoitar todo o que nos contou Noelia Prieto, presidenta da ANPA "A Galocha" pode facelo na seguinte ligazón:

A ANPA A Galocha da Veiga iniciou unha campaña de recollida de alimentos