
A trixésimo primeira edición do Encontro de Poetas Valdeorreses rematou na tarde noite do sábado 1 de xullo coa actuación do grupo Amancay do que forma parte Mª Carmen Gago Florenti, presidenta da Sección Poético-Literaria do Instituto de Estudios Valdeorreses e organizadora deste evento desde o seu nacemento.
Durante estas dúas xornadas ó redor de trinta poetas recitaron as súas composicións no salón de actos do colexio Nª Sª de Fátima da Rúa, lugar elixido pola organización para unha nova celebración do encontro.
[df-caption title="Asistentes o Encontro" url="http://somoscomarca.es/wp-content/uploads/2017/07/somoscomarca_arua_encontro_poetas_carmen_gago_2017_07_01-2.jpg"]
Na tarde do 29 de xuño entre outros puxeron voz as súas composicións, Asunción Arias «Sulma», Emma Fernández, José Manuel Fernández Vidal, Edith Fernández, José Paz, Ramón Porto, Miguel Ángel Armas, Carlos Llorens, Rocío Noriega, Mar Blanco, Eulogio Gavela, Ana María Gamallo, José Rodríguez, Isabel Pinto e José Antonio Santos. Nesta apertura a música correu a cargo da artista ponferradina Edith Fernández.
A derradeira xornada foi a propia M. Carmen Gago quen rematou o recital no que tamén tiveron voz Emilio Vega outro dos organizadores do evento. Ademais recitaron Carmen Darriba, Amante Romero, Isaura Lago, Azarías de Leyre, Marisa Lozano, Manuel Cuenya, Elisa Álvarez, Roberto Arias, Nuria Antón, Antonio Esteban, Mª Carmen Álvaro, Eva Rodríguez, Cristina Majías, Mariano Sánchez, Estrella Velasco y Olga Vidal. Entre os poemas recitados o Grupo Amancay deleitou os asistentes coas suas voces.
[df-caption title="M. Carmen GAgo y Emilio Vega organizadores do Encontro" url="http://somoscomarca.es/wp-content/uploads/2017/07/somoscomarca_arua_encontro_poetas_carmen_gago_2017_07_01-1.jpg"]
Este Encontro foi organizado polo Instituto de Estudios Valdeorreses e o Concello de A Rúa.