sábado. 20.04.2024
somoscomarca_arua_centrodesalud_2023
A Xunta aproba o proxecto básico do novo centro de saúde do concello da Rúa

Vázquez Mourelle explicoulle ao rexedor que este proxecto define unha idea global do edificio e da súa urbanización, coa súa concepción construtiva e de instalacións. Concreta que a Xunta está a traballar xa na elaboración proxecto de execución, que permitirá unha vez aprobado, licitar o contrato de obras.

O novo centro, cuxas obras se estima suporán un investimento de 2,4 M€, contará cunha superficie construída de máis de 1.000 m2. As instalacións constarán dunha área de adultos con 3 consultas de medicina xeral e 1 sala polivalente que pode ser usada como consulta médica; 3 consultas de enfermaría, e 1 sala de técnicas. Tamén haberá un área pediátrica cunha consulta médica, outra de enfermaría, sala de lactancia, e un aseo e sala de espera específicos. 

Info CS A Rua_1
Maqueta do futuro centro de Saúde da Rúa

Así llo trasladou a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, ao alcalde da Rúa, Álvaro Fernández, nunha reunión celebrada esta semana, na que tamén estivo presente o xerente da Área Sanitaria de Ourensem Verín e Valdeorras, Féliz Rubial.. A conselleira explicoulle ao rexedor que este proxecto define unha idea global do edificio e da súa urbanización, coa súa concepción construtiva e de instalacións.

20230128 Reunion A Rua
Félix Rubial, Ethel Vázquez y Álvaro Fernández

Precisou que unha vez realizada esta aprobación, a Xunta está a avanzar na redacción do proxecto de execución, que se prevé que sexa entregado nas vindeiras semanas para ser supervisado e aprobado, o que permitirá a licitación da execución da obra.

O Goberno galego prevé un orzamento de 2,4 M€ para a execución das obras do novo centro de saúde da Rúa, que duplicará a superficie actual pasando dos 490 m2 a máis de 1.000. O complexo constará dunha área de adultos con 3 consultas de medicina xeral e 1 sala polivalente que pode ser usada tamén como consulta médica; 3 consultas de enfermaría, e 1 sala de técnicas. Tamén haberá un área pediátrica cunha consulta médica, outra de enfermaría, sala de lactancia, e un aseo e sala de espera específicos.

Info CS A Rua_3

O novo centro de saúde, segundo concretou Ethel Vázquez, tamén disporá dunha área da muller, cunha sala de atención con aseo propio, unha sala de educación para a saúde, almacén e vestiarios.

A execución desta infraestrutura sanitaria é froito do acordo de colaboración asinado entre a Consellería de Sanidade e o Concello da Rúa en abril do pasado ano e conforme ao cal o Concello adquiriu e urbanizou, co apoio da Deputación de Ourense, unha parcela destinada a cederse á Xunta para a construción deste centro.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, será a encargada de licitar e executar as obras, seguindo a encomenda da Consellería de Sanidade.

Plan de Infraestruturas Sanitarias de Atención Primaria

O centro de saúde da Rúa é un dos contemplados na fase 0 do Plan de Infraestruturas Sanitarias de Atención Primaria aprobado en outubro de 2021 polo Consello da Xunta, e que contempla 51 actuacións de construción ou reforma en centros de saúde de toda Galicia.

Dende o ano 2009, a Xunta de Galicia construíu ou reformou un total de 108 centros de saúde, o que supuxo actuar sobre mais de 75.000 metros cadrados. A eles hai que engadir as obras que están en marcha coas que, en total, a Administración autonómica investiu, nestes 13 anos, máis de 120 millóns de euros en infraestruturas sanitarias de atención primaria.

A Xunta aproba o proxecto básico do novo centro de saúde do concello da Rúa