miércoles 22/9/21

Xornadas sobre viticultura na cooperativa da Rúa

Entrada edificio de  Cooperativa da Rúa
Edificio de Cooperativa da Rúa

Un grupo de expertos analizarán temas relevantes para o sector tales como as enfermidades da vide ou a xestión dos libros de campo obrigatorios.

A Asociación Agraria de Galicia organiza unhas xornadas sobre viticultura, do xoves 25 ao sábado 27 de abril. Celebraranse na sala de reunións da Cooperativa Virxe das Viñas, a partir das 16:30 horas.  



Un grupo de expertos analizarán temas relacionados cos problemas que preocupan ós viticultores. falarase entre outros, das enfermidades máis perigosas para as vides ou dos tratamentos máis efectivos á hora de prever ou combater as pragas. A utilización das novas tecnoloxías para a análise das variables atmosféricas, ou a xestión da documentación obrigatoria, como é o caso dos libros de campo, serán outras cuestións a tratar.



O curso completamente gratuíto, está financiado polos fondos FEADER. As prazas son limitadas até completar o aforo máximo da sala. .

Viñedos tratados

Todos os interesados en acudir poden inscribirse na cooperativa da Rúa, sita Campogrande 75. Tamén chamando por teléfono á Asociación Agraria de Galicia en Valdeorras cuxo número é 696 943 254.



Esta iniciativa enmárcase dentro das accións formativas promovidas polo Fondo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER).



Xornadas sobre viticultura na cooperativa da Rúa