A Volta Ecolóxica da Rúa Vella, coarenta e un anos pondo en valor o medio ambiente
Vai camiño do medio século reivindicando os valores co que naceu, o respecto polo medio ambiente e a diversión enchida de cor
A Volta Ecolóxica das Festas de San Roque, na Rúa Vella, vai camiño de cumprir medio século. Leva 41 edicións, aínda que anos son uns poucos máis, posto que durante a pandemia non se realizou.
A Asociación Sabuguido foi a encargada de organizar esta proba colorista e máis ecoloxista que nunca xa que este ano as bases nese senso foron moi estritas. «Deben levar un disfrace confeccionado de material reciclado», sinalaba a normativa que ademais daba pistas destes materiais, «papel, cartón, plástico, latas...». Respecto ao vehículo de transporte tamén deixaban claro que tería que ser ecolóxico e libre de fumes.
Para que non houbese nin trampa nin cartón á hora de outorgar os premios este ano requiriuse ademais que debían estar todos disfrazados no momento da saída e por parte da organización faríaselle unha foto e facer todo o percorrido.
Nesta edición participaron preto de 150 persoas e houbo 23 grupos e disfraces individuais. Los payasos, Fuleros veraniegos, Dama de agua, A tribu das Pinguelas, Vamos a la playa, Las súper estelares, Baño de Espuma, A horta da avoa, Patrulla Canina, Maxicano, Las Medusas, A familia uva, Álvaro Spiderman, Las Barbies y los Ken, Sabela hawaiana, Las Barbies bailarinas, «Manichu, Adán y Breva», Candela deportivista, Paula ochentera, Futbolísimos, Mariquitas, Las adas, Moteros despeluxados, El tío de bitter kas, Súper Barbie mencñía y Las Ranas.
Os premios outorgados polo xulgado foron:
- Orixinal individual: Dama del agua
- Orixinal comparsa: Los súper estelares
- Máis numerosa: Las Barbies y los Ken
- Participante máis idade: Luís Gudiña
- Participante máis novo: Antía (8 meses)
A volta ecolóxica naceu hai case que 50 anos dun grupo de veciños que pretendeu facer unha actividade diferente na que se conxugara o respecto polo medio ambiente e o disfrace e ademais íase en bici daquela era o xeito de trasladarse dunha xeración sobre todo dos máis novos. Foi a precursora dos tan de moda carnavais de verán defendendo os recursos naturais.
Nas primeiras edicións non era raro ver os disfraces feitos con caixas de cartón que non eran nada aconsellables para pedalear na bicicleta, ou con roupas vellas, ou con papel maché....
A Volta Ecolóxica este ano foi máis respectuosa co medio ambiente polas novas normas e ogallá continúe co espírito co quenaceu.
Así foi a saída desde a Praza César Conti e baixada polo Fondo da Rúa:
E esta pola rúa Argentina:
: