Viño, doces e bullotes no magosto de Fontei
13 de noviembre de 2021 (22:32 h.)
A plaza de Enriqueta Casanova de Fontei reuniu en torno ao bombo de asar as castañas a máis de 50 veciños que querían celebrar o San Martiño con producto típico, os bullote
A plaza de Enriqueta Casanova en Fontei congregou a moitos veciños desta parroquia da Rúa. Castañas e doces para celebrar o San Martiño e pasar unha tarde de sábado na compañía de amigos, familiares e veciñanza.
Enrique Sotelo encargouse de asar as castañas nun bombo onde de cada quenda se introducían 25 quilos para sar un total de 75 quilos. Lamas e outros veciños repartiron o viño e os doces.
Se queres ver o vídeo da celebración dálle aquí.