A Rúa Vella inaugura a tempada de magostos na comarca
O outono é unha estación máxica que, ademais de encher de cores a nosa paixase, tamén nos achega as castañas, e polo tanto, os magostos. A Asociación Sabugueiro inaugurou a pempada coa súa XIX Festa do Magosto, nunha tarde cunha climatoloxía moi outonal, e decir, unha choiva fina e persistente que non impediu que numerosas persoas se achegaran a disfrutar.
Así, o sábado 26 de outubro, tiña lugar a festa no atrio da igrexa de Santo Estevo, que reunía a 180 persoas baixo unha carpa instalada para a ocasión. Todos os asistentes puideron degustar bolos preñados, bica, castañas asadas (uns 60 quilos), auga e viño.
Ao longo da tarde sorteáronse diferentes produtos e artigos doados por negocios do pobo. E como non hai festa sen música, o Dj Pimen foi o encargado de que todos os alí presentes remataran a noite da mellor maneira posible, bailando.