martes. 25.06.2024
somoscomarca_arua_orefuxo_2024
O refuxio de pescadores da Rúa

A prevención dos incendios forestais é algo que están a ter en conta todos os concellos da comarca. Nesta ocasión, dende A Rúa «estamos a facer un esforzo moi grande nas rozas, porque vai ser un ano complicado coa herba», asegura María González Albert, alcaldesa do municipio. 

Para que todos os veciños teñan esta información, dende o concello rués fixeron público un bando lembrando que «teñen unha obrigatoriedade de telas limpas». Como moi tarde, deberano realizar antes do 31 de maio. Despois desta data darase inicio aos expedientes.

Cabe recordar que a Xunta de Galicia introduciu unha modificación na lei de prevención de incendios forestais fai dous anos. O que se permite a raíz disto é «axilizar esas notificacións os usuarios». Como se pode dar o caso de que non se atopen os propietarios das fincas, o concello «entrará a limpar e despois cobraremos». 

O refuxio de pescadores

Dende o Concello da Rúa sacaron a concurso a xestión do refuxio de pescadores do Aguillón, «é unha zona moi sensible e tamén prioritaria», asegura Albert. Ata o de agora, dende a percepción da alcaldesa todo «indica que se van ter moitas ofertas». Isto xerará unha facilidade para que esta oferta resulte adxudicada. 

O prazo legal comezou este 28 de maio e rematará o vindeiro 11 de xuño incluído. «O tribunal é bastante amplo e diverso, creo que se trata de escoller a mellor oferta», comenta a alcaldesa. 

Piscinas municipais

Por outra banda, seguen enfocados en mellorar distintos aspectos do municipio, en esta ocasión a alcaldesa fai referencia as piscinas municipais. Poder eliminar a agua potable tanto para o enchido da piscina como para o rego do espazo, é un dos principais obxectivos. 

De feito, este 29 de maio saíu o «concurso público para as dúas obras que están subvencionadas a través da Deputación de Ourense», explica Albert. Aínda que, previo a esta solicitude, tanto o Concello, obradoiro como empresas contratadas, «estivemos poñendo a punto toda a parte que non viña subvencionada nesas dúas liñas», explica a alcaldesa. 

A obra principal das piscinas leva «aparelladas moitas outras». Entre estas melloras destacan: o cambio de todo o seto perimetral, de toda a herba, sistema de rego, desparasitación. 

O refuxio de pescadores e as piscinas municipais, os proxectos inmediatos do Concello...