viernes. 29.03.2024

En total participaron na concentración organizada pola CIG na Rúa, preto de 80 manifestantes

A Confederación Intersindical Galega realizou este mércores unha concentración para mostrar o rexeitamento ao peche do Centro de Operación de Cuenca que Iberdrola ten na Rúa. Ata a sede que ten a empresa no munipio acudiron uns 80 manifestantes.

Paulo Carril, secretario xeral da CIG, denunciou que a clausura do COC non está xustificado, e demostra o desprezo tras o «expolio dos nosos recursos naturais e enerxéticos, xa que nin se quera o centro de control permanecerá aquí e por tanto a enerxía non xerará emprego».

Dende o sindicato reclaman que se manteña a oficina de Iberdrola, pedíndolle a Xunta de Galicia que interveña subliñando que estáse a vivir nun momento de crise económica e máis nunha comarca cunha inxesistencia de postos de traballo.

Paulo Carril, secretario xeral da CIG
Paulo Carril, secretario xeral da CIG durante a manifestación da Rúa

«Denunciamos que as administracións públicas están beneficiando ás empresas como Iberdrola, xerando únicamente destrucción medioambiental» afirmou Carril, que a súa vez confirmou que teñen solicitada a vicepresidencia económica da Xunta unha solución a este peche.

Pola súa banda os edís da oposición da Rúa mostraron o seu rexeitamento a esta situación. Avelino Seco, concelleiro do BNG subliñou que estase a desmantelar a industria en Galicia, por elo apoian aos traballadores que están no municipio para que os seus postos se manteñan na vila.

Luis Fernández Gudiña, edil do PSOE, considerou unha obriga o estar na concentración. A súa vez recordou as iniciativas levadas tanto no concello, Deputación de Ourense e Parlamento de Galicia para evitar o traslado do COC a Salamanca.

Iberdrola desminte tal peche

Dende a compañía eléctrica desmentiron esta situación fai uns días, subliñando que únicamente se trasladará a 12 empregados dun total de 147 postos de traballo ubicados no entorno rural de Ourense e parte de Lugo. Na oficina da Rúa manteránse uns 40 postos de traballo.

O cambio organizativo non afectará a xestión, mantemento, nin a operación de instalacións. Estas labores continuarán a facerse na Rúa e no resto de centrais como ata o momento.

«Queremos denunciar o peche que se quere facer do centro de control»