jueves. 19.06.2025

Os Mandalas, protagonistas da tarde en Fontei, A Rúa

portada

Esta tarde ás 20:00 horas Asun Arias e Modesta García presentan o seu libro: "Mandalas de Poemas e Cristais", unha viaxe polo significado e percepción dos Mandalas creados a partires de cristais e pedras preciosas.

“Non é o mesmo os mandalas que se fan con cristais que os que se fan normalmente con debuxo e cores, funcionan de diferente maneira”, explica Asun Arias. Este funcionamento é o que explican no seu libro, que naceu dun proxecto no ano 2011 no que as autoras trataban de descubrir o significado destas creacións a través dun experimento propio.

No libro tamén se fala do uso terapéutico destas figuras e das distintas percepcións que delas ten cada persoa. Ademais, a publicación tamén conta cun apartado titulado "obsérvate", onde invita ao lector a experimentar coa función que nel realiza cada mandala.

A presentación terá lugar na Casa Rectoral de Fontei, en A Rúa, e alí estarán as autoras, Asun Arias e Modesta García, así como Asun Adá, encargada do deseño e maquetación do libro, o profesor Federico e José Antonio Casanova, do Pazo da Casa Grande.

Haberá exeplares á venda e firma de libros. Os exemplares que se compren durante o acto de presentación contarán cun importante desconto, xa que se poderán adquirir por 10 euros, mentres que a venda ao público está fixada en 18 euros.

Aquelas persoas que acudan á presentación, poderán gozar ademais dunha copa de viño da adega patrocinadora, San Paiolo, así como duns pinchos de agradecemento.

Os Mandalas, protagonistas da tarde en Fontei, A Rúa