sábado. 21.06.2025

O subdelegado anuncia na Rúa a creacion da Unidade de Industria en Ourense

Emilio González Afonso, subdelegado do goberno en Ourense, asistiu na mañá do 27 de novembro á Xunta Local de Seguridade de A Rúa e aproveitou a ocasión para visitar o cuartel da Garda Civil da localidade. En dita reunión, analizáronse os informes sobre seguridade cidadá e en materia de violencia de xénero, levando a cabo un balance do ano 2018 e planificando as previsións en materia de seguridade para as próximas datas do Nadal. Informouse de que existe un descenso da actividade delictiva e un incremento de operarios preventivos.

Na visita ó cuartel da Garda Civil se puxo de manifesto o traballo e a laboura de prevención e protocolos de actuación sobre os cales traballan na zona. Ademáis o Subdelegado anunciou que proporá a creación dunha Unidade de Industria en Ourense para axilizar os trámites e información en canto ás actividades e industrias de manexo de explosivos na provincia, xa que na actualidade a provincia de Ourense depende da Unidade de Pontevedra en canto a trámites nesta materia. Con esta proposta o subdelegado pretende levar a cabo un control máis exhaustivo dos materiais explosivos para garantir a seguridade cidadá.

O subdelegado anuncia na Rúa a creacion da Unidade de Industria en Ourense