viernes. 19.04.2024

O prazo de inscripcións será ata o vindeiro 15 de outubro, e as actividades deberán cumprir un protocolo

O Concello da Rúa pon en marcha o deporte de base e a escola de música "Adagio" a partir do vindeiro xoves 15 de outubro, sempre e cando a situación sanitaria o permita e seguindo un protocolo para evitar contaxios por COVID-19 entre os nenos asistentes as actividades.

O prazo de inscripción estará aberto ata o propio xoves da próxima semana, e o trámite poderá realizarse na Casa do Concello de luns a venres en horario de 9 a 14 horas. O pago da matrícula como en outros cursos faráse en 2 prazos, un no momento de formalizar a matrícula e no vindeiro mes de febreiro.

Para poder comezar cas actividades, os alumnos deberán presentar aos seus monitores o comprobante de inscripción selado polo Concello. As escolas poderán ser suspendidas por causa da pandemia, e os diferentes deportes deberán ter un protocolo sanitario fronte ao COVID-19 que terá que ser cumprido por todos os participantes.

O Concello da Rúa pon en marcha as escolas deportivas e de música