domingo. 26.03.2023

Multitudinaria procesión de San Antón en Fontei

Había ganas de sacar de novo a San Antón polas rúas da parroquia, tamén de ver as roscas casamenteiras nas cestas diante da procesión. Había moitas, moitas ganas de festa e iso notouse.

Había dous anos que non saía a procesión do santo das mozas que queren casar, San Antonio de Padua, coñecido na comarca como o santo das roscas casamenteiras. É  recoñecido como o santo dos matrimonios, dos que buscan parella e dos noivos. En Fontei aseguran que se se comen as roscas, amendoados e doces varios que se bendicen na misa do santo, na seguinte festa casa. Non se sabe si é certo ou non, porque en Fontei non faltan solteiros e solteiras, pero a verdade é que tampouco sabemos si comeron ou non as roscas. 

No seguinte vídeo que grava a saída da procesión Enrique Rodríguez Sotelo, da asociación de veciños de Fontei, explica a tradición das roscas:

Noutros lugares é costume que as mozas solteiras compren unha imaxen do santo para pedirlle que interceda para que lles consiga noivo, se isto non sucedía colocábase a imaxe do revés até que a persoa atopaba parella para casar. Tamén existe a crencia de que por medio da intercesión do Santo, iste axuda a quen llo pide, a encontrar algo que se perdeu. Outros din del que é o «Santo peseteiro» xa que se non se lle ofrecen cartos dabondo non fai que apareza o perdido.

Festa e Procesión de San Antonio, en Fontei 2022 (41)
As roscas e doces agardan a que saia o santo

 

Téñase a crencia milagreira que se teña do santo, o certo é que hoxe os veciños tiñan ganas de velo polas rúas.  A procesión que comezou ás doce e media estivo moi concorrida por ser festivo local na vila. As primeiras en saír foron as mulleres coas roscas casamenteiras  e detrás, o santo, portado polos homes, o alcalde da Rúa, Álvaro Fernández foi un deles. Había moitas ganas de ver ao San Antonio procesionar polas rúas da parroquia e eso notouse na catidade de persoas co acompañaron.

Festa e Procesión de San Antonio, en Fontei 2022 (19)
Os homes portan o santo polas rúas cargadas de historia, por onde descorre o Camiño de Inverno


A procesión saíu polo lateral da igrexa para recorrer as rúas cargadas de historia desta parroquia. Pasou por diante da capela do Santo ou de San Andrés, moi festexado noutros tempos na localidade, logo seguiu o Camiño de Inverno até chegar á casa da veciñanza onde se detivo para recibir unha chuvia de cores. Xa é tradición que Elvira lle bote os pétalos de rosas recollidos o día anterior. 

No seguinte vídeo pódese ver o momento en que os pétalos caen sobre o Santo:

Pasa de novo a imaxe por diante da igrexa para despois de atravesar a praza de Enriqueta Casanova baixar pola de Telesforo Ojea e logo subir até o adro pola Padre Feijóo.

Día grande das festas de Fontei na que se reúnen as familias para dar conta dun bo cabrito asado e, o que tivo sorte de coller a rosca, ensinala como trofeo na sobremesa. A festa remata hoxe desque comezara o pasado venres coa «gran pancetada».

Cabrito asado en horno de leña de Panadería Tabal
Cabrito asado no forno de leña de Panadería Tabal

 

Multitudinaria procesión de San Antón en Fontei