
8 de agosto de 2016, 21:13
Un motorista, veciño de León, faleceu hoxe luns, a consecuencia dun accidente na N-120 ó seu paso polo termo municipal de A Rúa. Xunto ó falecido, S.C.M.R. de 39 años, viaxaba unha muller que foi evacuada en helicóptero do lugar do accidente sen que trascenderan máis datos sobre o seu estado. O sinistro produciuse por unha saída de vía, despois de que conductor tomase unha curva á dereita, tralo cal saíuse da vía pola esquerda.
O accidente producise arredor das 15.30 horas e movilizou á Garda Civil de Tráfico e os bombeiros de Valdeorras que rescataron á acompañante, quen saira despedida polo golpe, caendo nun terraplén próximo.