sábado. 20.04.2024
Festival fin de curso de Abertal 2022 (16)
Magosto foliada de Abertal coa participación de 6 grupos

O magosto da Asociación Cultural Abertal este ano estará aberto á xente, en xeral. Poderán participar ademais dos membros da asociación todo aquel que queira. «Todos os anos facíamos un magosto a nivel interno da escola, este ano decidimos facer un magosto foliada aberto para todo o pobo e toda a xente que queira vir da comarca. Contamos co varios grupos de fora para que veñan a participar na foliada», informa Manuel Duran, presidente da asociación.

Realizarase o sábado, 12 de novembro na Praza de Fontei. A partir das 18.00 horas comezará este magosto que contará con 6 grupos na foliada.

Festival fin de curso de Abertal 2022 (12)
O Festival de  fin de curso de Abertal 2022 tamen se celebrou na Praza de Fontei

Candaira, de Castrelo do Val; Os estoupafoles, da Pobra de Brollón, Mencía, de Toral de los Vados; Macizas Centrais, da Pobra de Trives; Os Parrandas, de Córgomo e Abertal como anfitrión, serán os grupos integrantes da foliada que comezará ás seis da tarde até «non se sabe cando». E, é que como conta Durán ao rematar «seguiremos a foliada polo pobo, facendo un 'pasa tabernas' ou 'pasa bares'  con todos os grupos pasando polos bares participantes tocando en cada bar para seguir a foliada. Como é sábado alongaremos a foliada o tempo que sexa».

Abertal homenaxea a Florencio na Rúa (6)
Homenaxe de Abertal a Florencio na Rúa

Son once  bares os que colaboran con esta foliada que se realizará despois do magosto e na que os grupos tocaran ás portas destes establecementos. «Queremos ter moita festa e moita xente para desfrutar dela», desexa Durán.

Cantos de Taberna de Abertal

Viño, refrescos, bolos preñados, bica, por suposto bullotes e moita, moita música conforma o menú do magosto de Abertal,. Para poder participar hai que adquirir uns tickets que terán un prezo de 6 € para socios de Abertal e para alumnos da escola da asociación, estes pódense conseguir na sede da asociación na Casa da cultura da Rúa. O resto de persoas terán que pagar 10 euros por acceder este magosto e poderán adquirir a entrada no Bar Norte Bar Retorno, Pillabán e Perruquería Brillos.

Aconsella a organización que se adquiran os tickets con antelación para así ter unha previsión do que «temos que ter de material», comida e bebida da que para suministrar a todos os que se apunten ao magosto.

somoscomarca-magosto-arua-2021-11-06 (3)
Magosto de Abertal deo pasado ano

O presidente da asociación asegura que parte do recadado servirá para financiar a escola. Tamén fai unha chamada de atención aquelas persoas que queiran tocar algún dos instrumentos nos que se imparte clases na escola. «O curso vai un pouco frouxiño de recuperación de alumnado. Aínda se está atempo para apuntarse na escola», sinala o presidente da asociación. «Hai alumnos novos pero a verdade quixeramos que houbera máis dos que se apuntaron. Sobre todos nenos e nenas que xente adulta e xoves si se apuntaron».

somoscomarca_arua_abertal_cultura_xornadaportasabertas_2021 (9)
Xornada de Portas abertas da escola de Abertal no 2021

«Pódense apuntar en practicamente todo o que abarca a música tradicional. Desde baile, gaita, percusión, pandeireta, canto, acordeón, musica tradicional, cantos de taberna, en fin temos case todo o que se fai na nosa música», asegura o presidente de Abertal.

Magosto foliada de Abertal coa participación de 6 grupos