jueves. 28.03.2024
Gustavo del Río, director de Castrapo
Gustavo del Río, director de Castrapo

«Castrapo» retransmítese o domingo a partir das 18:30 horas en directo por Streaming a través do Facebook do Centro Cultural Avenida da Rúa

A penas unha hora antes do comezo da función que se representará hoxe domingo, 15 de novembro, en directo por Streaming desde o Centro Cultural Avenida da Rúa, estivemos falando con Gustavo del Río, director de «Castrapo».

«Castrapo», da compañía Os Náufragos conta como o protagonista quere chegar ás súas orixes. «O que lle está a pasar agora a moita xente que ten como punto de partida o retorno», segundo sinla o propio director. Daniel, escritor galego emigrado a Madrid, retorna a súa terra e no camiño encóntrase con Rosa, que se dirixe ó mesmo destino. Nesta viaxe, Daniel atópase co seu pasado e coa necesidade de atopar as súas raíces.



Del Río preferiría un público real pero debido á evolución da Covid no concello da Rúa, isto non vai ser posible, porque aínda que estaría permitido a presenza de 60 espectadores, desde o concello preferiron que se fixese a través das redes e así evitar contactos innecesarios. «Nos nos debemos sempre ao público como actores, como creadores e realmente vamos a botar de menos estar co público. Tamén estamos acostumados ás cámaras e ese non vai ser o problema», declaraba o director. «Eu creo que deberíamos facer a función sempre. E desde o Concello da Rúa buscaron a alternativa, que é facer a obra en streaming. Que non se perda, que os veciños podan ver o noso ‘Castrapo’», engade.

Preparando a sesión en Streaming no Centro Cultural SAvenida

«O noso contacto sempre, e máis nunha obra coma esta e co público. Entón o publico sempre está presente aínda que sexa doutra forma. Temos que seguir adiante o importante é que a cultura siga, que a cultura estea presente, a cultura salva vidas igual que outras cousas», explica Gustavo.

Desde o Concello sinalase que: «Debido ás circunstancias actuais, co obxectivo de non prexudicar o desenrolo da actuación que tiñamos conveniada, darlle a máxima difusión e, á súa vez, que todos desfrutemos da obra, nesta ocasión retransmitiremos mediante un directo na páxina de facebook do Centro Cultural Avenida».



Se queres escoitar a conversa mantida con Gustavo del Río, dálle a seguinte ligazón:

Gustavo del Río: «O público vai estar presente aínda que de outra forma»