sábado. 14.06.2025

Emotiva gala de graduación no instituto Cosme López da Rúa

Vinte e seis alumnos e alumnas do IES Cosme López da Rúa participaron na cerimonia de graduación acompañados polos profesores que lle deron clase e por suposto polas súas familias
somoscomarca_arua_cosmelopez_graduacion_2022 (2)
Emotiva gala de gradación no instituto Cosme López da Rúa

O mércores 18 de maio celebrouse a graduación no IES Cosme López da Rúa. Foron 26 alumnas e alumnos os que participaron na gala que puxo o punto e final a súa estadía no instituto.

O emotivo acto estivo conducido por Cutús Fernández Maseda, titora de 2º  BAC  quen ademais seleccionou a música e preparou  todo o material audiovisual que se proxectou no salón de actos. As imaxes do paso dos graduados polo instituto removeron sentimentos encontrados, esbozaron sorrisos e tamén deron paso a melancolía.

somoscomarca_arua_cosmelopez_graduacion_2022 (1)
A xefa de estudos, Mari Ángel; a representante dos pais e nais, Carina e Vicor, titor; acompañando a os recen graduados

No momento dos discursos, Carina, nai dun recente graduado, falou en nome das familias, narrou os paso polo instituto dos presente como proxenitora. Pilar Dorrío e Elías  Esmerodes, alumnos, tomaron a palabra en representación do alumnado e Víctor Manuel Porto propio en representación do profesorado. Víctor foi profesor e titor de moitos dos alumnos de 2º  BAC cando entraron no IES Cosme López, en 1º da ESO e outro titor en 1º de ESO foi José Luis, que se  prexubilou o curso pasado.

Una vez rematada a cerimonia, tempo de inmortalizar o momento. Alumnos, familias e profesores, fixeron fotos no exterior para o recordo. Logo cea de celebración na que ademais dos recentes graduados asistiron algúns profes.

Parabéns na nova etapa que comezades!

Emotiva gala de graduación no instituto Cosme López da Rúa