
Os rueses cumpriron ca súa festa gastronómica na que o codillo é o protagonista. Máis de 1000 persoas déronse cita no pavillón municipal do Aguillón para dar boa conta do saboroso manxar.
Pero, non só asistiu a xente da Rúa, tamén dos concellos veciños coma Vilamartín, O Barco, a Veiga, Larouco, Manzaneda, Petín, Rubiá ou Carballeda. Tamén de dentro e fora de Galicia os maís numerosos foron os veciños estremeños de Almendralejo cos que A Rúa está irmandado.

Unha nutrida representación desta cidade achegouse atá vila ruesa, entre os que se atopaba o seu alcalde, José María Rodríguez Morán.

Alcaldes como o da Veiga, Larouco, San Xoán de Río, Vilamartín, e representantes da Xunta e da Deputación como Gabriel Alén ou Rosendo Fernández tamén asistiron á festa gastronómica.

Era a vixésimo cuarta edición e coma nas vintetrés anteriores no menú ademais do codillo púidose degustar un consomé con cachiños de pan fritido e logo os grelos, os cachelos, o chourizo. Viños de mencía e godello para acompañar a baixar a carne e bica con café e licores de sobremesa.

A música correu da man da charanga NBA que deu a benvida aos asistentes e con Danzalia Disco Show bailouse ao remate.

Os maiores homenaxeados, minutos antes no Centro Cultura Avenida estiveron presentes na comida. Entre as anécdotas a dunha parella, Fran e Mayra que se coñeceron na festa hai 20 anos e hoxe celebrábano emocionados e máis namorados se cabe.

O Club deportivo Rúa fíxose cargo do bar para recadar fondos para o clube. Moitos rapaces e tamén xogadores do primeiro equipo non deixaron de asistir á festa.

Había moitas ganas de pasalo ben e xuntarse con veciños e amigos para pasar un ratiño agradable.

Se queres ver as galerías de fotos da afesta do codillo, preme aquí e tamén aquí, temos dúas.