domingo. 22.06.2025

O Concello da Rúa, convidado en dúas festas de interese gastronómico

O Concello da Rúa será o convidado deste ano na 27ª Festa da Faba da localidade lucense de Lourenzá, considerada festa gastronómica e de interese turístico de Galicia. «Cada ano levan a un concello convidado; este ano, por contacto e amizade que temos con xente de alí, convidáronnos a estar nese acto os días 5, 6 e 7 de outubro», explicou o alcalde, Luis Fernández Gudiña. Dito acto constará dunha exposición «onde o concello que vai amosa aquelas propostas que quere reflexar no ámbito cultural e artístico, para dalo a coñecer nunha festa tan importante», apuntou.

Pero non só será o Concello da Rúa o convidado de honor da festa da leguminosa, porque a cidade portuguesa de Beja, convidou a unha representación do Consistorio rués á Feira do Alentejo, que Fernández Gudiña califica coma «a máis importante de todo o sur de Portugal, que entre outras cousas tamén posúe o apartado de feira de viño». A invitación xurdía da participación do concello na Feira do Viño e da Aceituna á que acuden tódolos anos, e chegaba por segunda vez xa que o ano pasado o Concello rexeitouna porque «non puidemos ter a recepción que nos houbera gustado ter nas adegas».

Este ano, o Concello recibía a invitación de novo e «estamos estudiando a posibilidade de poder asistir, porque a proposta comeza pola cesión dun stand totalmente gratuito para o Concello e a invitación dunha persoa para facer promoción», detalló el primer edil.

Imagen: www.turismo.gal

O Concello da Rúa, convidado en dúas festas de interese gastronómico