domingo. 08.06.2025

O Concello da Rúa lanza unha web específica para o 8M

Como xa anunciaba María G. Albert, a intención é «crear unha gala de homenaxe as mulleres da Rúa, queremos que sexa a primeira gala e que se manteña no tempo»
portada_somoscomarca_arua_diadamuller_8m_letrasruamorado_2023-724 (7)
O Concello da Rúa lanza unha web específica para o 8M

O Concello lanza unha web específica para focalizar a campaña do Día da Muller Traballadora. Este ano centrado na muller no comercio local da Rúa. Como xa anunciaba María G. Albert, a intención é «crear unha gala de homenaxe as mulleres da Rúa, queremos que sexa a primeira gala e que se manteña no tempo».

Nesta web, son «12 mulleres que rexentan distintos negocios, hoxe en activo na Rúa, e que representan aos centos de mulleres que teñen realizado esa función no noso Concello no pasado, no presente e tamén, estamos seguras, no futuro», explican dende o Concello. 

Con esta campaña, o que pretenden é «complementar a homenaxe que na xornada de mañá, sábado día 9, se celebrará no Centro Cultural Avenida coa celebración da Iª Gala Corona González», aseguran no comunicado enviado polo Concello. 

O Concello da Rúa lanza unha web específica para o 8M