sábado. 05.07.2025

O Concello da Rúa coñece os programas de rehabilitación de vivenda

Ángeles Vázquez salienta que existen varios programas pensados para os municipios máis pequenos e destacou un novo programa de préstamos de apoio ás entidades locais, dotado con 3 millóns de euros

somoscomarca_angelezvazquez_alvarofernandez_arua_2021-11-08
O Concello da Rúa coñoce os programas de rehabilitación de vivenda

A Xunta de Galicia invita aos responsables do Concello da Rúa a participar nos distintos programas de rehabilitación, co fin de ofrecer aos veciños un fogar. A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o alcalde da Rúa, Álvaro Fernández, mantiveron unha reunión, na que repasaron as principais demandas deste municipio.

Vázquez Mejuto indicoulle que –entre os distintos programas- existen liñas de axudas pensadas concretamente para os concellos máis pequenos, como é o caso da Rúa.

Nese sentido, trasladoulle información respecto dun novo programa de préstamos de apoio ás entidades locais –dotado con 3 millóns de euros-, que terá un funcionamento similar ao Fondo de cooperación – facilita créditos sen xuros cunha vixencia máxima de oito anos a concellos de menos de 50.000 habitantes-. Grazas a esta liña facilítase aos concellos a liquidez necesaria para promover ou comprar vivendas de nova construción dirixidas a alugueiro social.

Outro programa ao que poden optar é o dirixido a concellos para a rehabilitación de vivendas de titularidade municipal, que estarán dotadas dunha partida orzamentaria de 2,1 millóns de euros. Un programa grazas ao que sumamos 172 vivendas municipais rehabilitadas por importe de 6,3 millóns.

Por último, trasladoulle información sobre as axudas de rehabilitación de infravivenda municipal —un programa pensado para mellorar o estado de inmobles localizados en municipios de menos de 10.000 habitantes a través de obras que garantan unhas mínimas condicións de habitabilidade— contarán con 370.000 euros para o vindeiro exercicio.

O Concello da Rúa coñece os programas de rehabilitación de vivenda