lunes. 27.05.2024
somoscomarca_240130_arua_homenaje_codillo
O Concello da Rúa conmemora «unha lingua de unión, viva e de comunicación»

«O primeiro que fixemos foi sacar un bando dende a alcaldía para reivindicar este papel da lingua como xeradora de comunidades», así comezaba a entrevista María G. Albert, alcaldesa da Rúa. 

Con motivo do Día das Letras Galegas, o municipio terá unha programación especial para conmemorar polo que «temos moitas cousas programadas. Tamén dende as asociacións culturais da Rúa, por exemplo, Abertal organizou actividades propias do día». Esta será unha particular homenaxe a Luísa Villata. Iniciará ás 12:00 na Praza do Concello —no caso de que mal tempo será no Centro Cultural Avenida—.

Esa mesma tarde no Centro Cultural Avenida ás 18:00 farase a preestrea da obra "Pum!Pum! Quen hai?". Engadido a isto, durante toda a fin de semana estarse proxectando a filme "A Neves". Un relato sobre as realidades e as problemáticas que afrontan as xeracións máis novas que conta con participación ruesa. A maiores, o domingo 19, representarase a obra "Os tres porquiños" con bonecos a tamaño real. 

Pode escoitar a entrevista completa aquí:

O Concello da Rúa conmemora «unha lingua de unión, de comunicación e viva»