
Tra-la publicación no Boletín Oficial do Estado, BOE, do anuncio para a provisión dunha praza de Auxiliar Administrativo o pasado luns 27 de febreiro, comeza oficialmente o proceso de selección dunha persoa para cubrir a praza vacante de auxiliar administrativo no Concello de A Rúa.
Este posto pertence á escala de Administración Xeral, e levarase a cabo mediante o sistema de oposición libre. O prazo de matriculación é de 20 días naturais a contabilizar desde o martes 28 de Febreiro, polo que remata o vindeiro 20 de Marzo.
Para ver o anuncio completo do BOE ou consultar as bases completas da convocatoria no BOP do pasado 7 de Febreiro, podes dirixirte ao Concello de A Rúa, tanto presencialmente como a través da súa web que encontrarás neste enlace.
Os anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda, faranse públicos tamén no Boletín Provincial de Ourense, BOP, e no tablón de anuncios do Concello de A Rúa, así como tamén na súa web.