
27 de marzo de 2017, 10:18
A Comisión de Octubre desenvolvido na biblioteca municipal ruesa o acto "Cen anos de Revolución 1917-2017" no que o antropólogo, mestre da Universidade da Coruña e membro da Coordinadora Galega da Comisión de Outubro, Luis Gárate, explicou os paralelismos entre a situación económica e política actual e a de 1917, así coma os avanzos sociopolíticos, extraordinarios para a súa época, da Revolución.
Nun ambiente distendido, houbo unha serie de intervencións que incidiron no retroceso democrático e social actual e na ausencia de solidariedade dos oprimidos e dunha estrutura política forte que, coma fixeran os bolxeviques, poida dar a volta á situación.
A Comisión de Outubro ten previsto editar varios libros, de momento están previstos dous, un sobre arte revolucionario e outro sobre os avances lexislativos na igualdade de xénero durante a Revolución, e organizar un ciclo de cinema soviético, de xeito que é previsíbel que se realicen máis actos na nosa comarca.