O CEIP Manuel Respino da Rúa contará con 634.358 euros para a súa rehabilitación

O CEIP Manuel Respino da Rúa contará con 634.358 euros para a súa rehabilitación
En concreto, o CEIP Manuel Respino de A Rúa terá un orzamento de 634.358 euros e o complexo de recepción de visitantes do Parque Natural do Invernadoiro de Vilariño de Conso contará con 833.327 euros

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, subliñou onte, 5 de maio, que o Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia financiará a rehabilitación sostible de sete edificios de competencia autonómica ubicados en catro concellos da provincia da Ourense entre os que se atopa o CEIP Manuel Respino e o complexo de recepción de visitantes do Parque Natural do Invernadoiro de Vilariño de Conso.  

“Estamos ante unha nova mostra de como o Goberno de España colabora coas autonomías na execución do Plan de Recuperación e un exemplo de cogobernanza na súa xestión”, destacou o delegado. E sinalou que no caso de Galicia, o Ministerio e a Xunta acordaron o listado de obras e o tipo de actuacións a financiar, fundamentalmente para a mellora da comodidade de persoas usuarias e traballadoras, a eficiencia enerxética e a accesibilidade.

A Xunta, neste caso, é a encargada de contratar as obras e completar o investimento necesario e o pago de impostos, ata mobilizar un total de 33,2 millóns de euros, dos que o Goberno de España achega 27,3 millóns.

José Miñones detallou que este importante paquete de actuacións xa está en marcha en moitos dos casos polo que o seu impacto xa se está a ver nas vilas e cidades nas que se ubican estos servizos. En concreto, o CEIP Manuel Respino de A Rúa terá un orzamento de 634.358 euros e o complexo de recepción de visitantes do Parque Natural do Invernadoiro de Vilariño de Conso contará con 833.327 euros.