viernes. 29.03.2024
portada

O pasado luns día 6 de novembro celebrábase na Rúa o último pleno ordinario do ano 2017. Co novo ano ás portas, o concello “traballa a reo” para sacar á luz catro ordenanzas “moi necesarias e demandadas pola cidadanía”, tal e como afirma Luis Fernández Gudiña, alcalde da Rúa.

Trala sanción de 9.500 euros imposta por Confederación Hidrográfica Miño-Sil en concepto de multa polos vertidos provintes das bodegas, o concello da Rúa ultima xa unha ordenanza reguladora que axude a controlalos. Desta forma, explica o alcalde, “poderemos detectalos e correxilos cando son irregulares, e por en marcha as medidas sancionadoras necesarias”. Dita ordenanza, a pesar da complexidade da súa redacción, “sacarémola canto antes, se pode ser en decembro mellor que en xaneiro, porque entendemos que é urxente e aínda ten que sair a exposición pública antes de ser aprobada”.

Os vertidos, igual que o resto dos residuos xerados na vida diaria de A Rúa, son tema de interese no concello que levará a cabo, coa firma dun convenio coa Diputación, o arranxo para a adaptación á normativa vixente, de varios dos seus contenedores soterrados. Para Gudiña, “os contenedores foron unha solución que se propuxo fai uns anos pero como todo, hai que facer un mantemento para que no den problemas”.

Outra importante Ordenanza, a de ventilación e evacuación de fumes, acaba de ser publicada na web do concello para exposición pública. A urxencia da súa posta en funcionamiento ven xustificada “pola chegada do inverno e o maior uso polo tanto, de chimeneas, caldeiras estancas”, e demáis mecanismos de xeración de calor e fumes. Os veciños presentaron a necesidade de regular un pequeno vacío legal existente na posibilidade de dar salida aos fumes ao exterior a través de ventanas our patios interiores de ventilación.

A Ordenanza de regulación das terrazas na vía pública é outra demanda que ven heredada do anterior goberno do BNG e que xa está na fase “de pasar á comisión, pero antes queremos reunirnos cos hosteleiros para que a coñezan e podan aportar as súas propostas antes da exposición pública”. A concesión do permiso con carácter anual  e non só na temporada de verán, e a cuantía das taxas, máis elevada, son as dúas novidades máis destacadas da nova normativa.

Por último, a Ordenanza da venta ambulante, “co fin de regular un pouco a organización da feira” tamén está próxima a ser aprobada definitivamente.

Catro ordenanzas a piques de aprobarse no concello de A Rúa