martes. 19.03.2024

Os membros da Asociación Amigos do Camiño de Inverno reuníanse esta fin de semana en asamblea, e acordaban a aceptación do ofrecemento dos heredeiros de Germán Rodríguez González, que consiste na cesión da capela de San Andrés, en A Rúa, na que se ten previsto a ubicación dunha oficiña de información ao peregrino. Tal e como expresaba a presidenta do trazado por Valdeorras, Asunción Arias, «os primeiros pasos encamíñanse a recuperar toda a documentación que ten a capela en canto a antiguedade para así poñela en condicións para que poda ser un punto de referencia do Camiño, non só de información senón tamén de recopilación de documentación histórica e investigación».

Debido a que «os que menos coñecen o Camiño son os propios valdeorreses», Arias insistiu no feito de chegar á población máis nova comezando unha campaña de achegamento «aos máis cativos dende os propios centros escolares». Explicou a presidenta que o obxectivo está previsto a longo prazo, posto que ésta non é a primeira ocasión que solicitan colaboración aos centros de ensino de Valdeorras obtendo escasa resposta.

A proposta coa que volverán a intentar unha colaboración chegará a través de actividades en relación co trazado valdeorrés «coa intención de que as xeracións máis novas teñan coñecemento do Camiño e que paseen por él». Na proposta, recordarase aos centros o apoio constante da Asociación neste tipo de actividades, buscanco a implicación das familias e a supervisión do profesorado.

Na Asamblea tamén tiveron cabida outros temas, entre eles, o anuncio da organización de varias andainas durante os próximos meses, como por exemplo a Las Médulas e ao balneario de Mondón, no Bolo, entre outros destinos.

Unha capela de A Rúa convertirase en punto de referencia do Camiño