
O barrio da Estación da Rúa semellaba alleo ós problemas coa traída do auga que este verán padeceron outros barrios da vila. Ata o de agora. Onte martes, o auga do grifo saía dunha cor amarela intensa, como pode comprobarse na fotografía, quitada arredor das nove da noite na Rúa Doutor Vila.
Esta mañá, nunha entrevista en Valdeorras en la Onda, o alcalde Luis Fernández Gudiña aseguraba que lles sorprendera a imaxe, e que ían a proceder a purgar as redes de suministro nas súas partes finais, xa que esa turbiedade non estaba relacionada coa que aparecera nos grifos de Fontei ou da Rúa Vella tralas tormentas do pasado agosto. Estes dous barrios teñen depósitos diferentes, tal e como no seu momento explicou a concelleira de Medio Ambiente María González Albert, polo que os motivos de que o auga saira onte luxa na Rúa Doutor Vila non pode atribuirse ós mesmos motivos.
O alcalde rués explicou en Onda Cero que se a purga da rede de distribución non dá resultado estudiarán «as medidas necesarias para correxir esta situación» que provoca dificultades a negocios e particulares.