Arde un poste na rúa Pereira da Rúa sen causar danos

somoscomarca_arua_incendio_ruapereira (2)
Un pequeno incendio nun poste da rúa Pereira da Rúa obrigou a mobilizar, na tarde deste luns, aos servizos de emerxencia da localidade

O suceso produciuse arredor das 19.00 horas, cando veciños alertaron da saída de fume e lume dun poste situado nesta rúa. Ata o lugar desprazáronse efectivos dos Bombeiros, Protección Civil da Rúa e un técnico especializado, que actuaron con rapidez para controlar a situación.

O incidente non tivo consecuencias persoais nin materiais de consideración e quedou resolto en pouco tempo.

Curiosamente, mentres se producía este episodio, no Concello celebrábase a visita dos Reis Magos, que estaban a atender aos nenos e nenas nun ambiente totalmente alleo ao ocorrido, xa que o suceso non interferiu no desenvolvemento da actividade.

Fotos cedidas