martes. 23.04.2024
somoscmarca_ambar_2021-1-04
Ambar estrea na Rúa ‘As paisaxes de Camille’

A Asociación Ambar das persoas don diversidade funcional presenta este venres, 5 de novembro, ás 20:00h no Centro Cultural Avenida do Concello A Rúa a primeira actuación da acción artística sobre a loita contra a violencia de xénero no rural ‘As paisaxes de Camille’.

Unha peza escénica contemporánea que explora a contención, a rabia, a delicadeza e a sororidade, atravesando a imaxinaría escultórica e a vida de Camille Claudel con poemas paisaxísticos, coreografías e humor onírico.

Producida por Ambar, conta coa dirección artística da creadora escénica, poeta e dramaturga Helena Salgueiro de ABAR. Xunto co grupo de artes escénicas de Ambar composto integramente por mulleres con diversidade funcional: Noelia Argibay, Ángeles Devesa, Marina Mondelo, Conchita Mouriño, Carmen Pérez, Olaia Pérez, Montse Queiruga e Mercedes Río que escenificarán a peza. Esta acción enmarcase no Pacto do Estado contra a violencia de xénero e está financiada pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.

Ambar, leva 40 anos traballando polos dereitos das persoas con diversidade funcional, e creando programas específicos para mulleres con diversidade funcional. O grupo de Artes Escénicas naceu no 2015 co obxectivo de apoderar as persoas con diversidade funcional a través da expresión artística. Agora mesmo está integrado completamente por mulleres, onde mínimo unha vez ó ano se realizan accións artísticas na comunidade cunha temática de interese social.

Ambar estrea este venres na Rúa ‘As paisaxes de Camille’