domingo. 08.06.2025

Acto vandálico contra o mural feito polas mulleres de Matria na Rúa

Este mural atópase na ponte que baixa ao Aguillón 
P_somoscomarca_240212_arua_pintadas
Acto vandálico contra o mural feito polas mulleres de Matria na Rúa

Esta fin de semana cometeuse un acto vandálico contra o mural feito polas mulleres de Matria na ponte que baixa ao Aguillón. María Albert, alcaldesa da Rúa, mostra o seu enfado por este acto. 

«É un inaceptable ataque machista perpetrado por aqueles que non cren na igualdade das mulleres e facilitado por aqueles outros que blanquean e pactan con partidos que negan a violencia machista», explica a alcaldesa. 

«Aínda non puidemos falar coa responsable de Matria, porque creo que o ideal sería poder recuperar o mural orixinal», asegura. Tamén, tacha este acto de «intolerable, primeiro ás mulleres e, despois, o conxunto da cidadanía da Rúa».

María Albert considera que «é o resultado de que se banalice a toda aquela xente que nega a realidade da existencia da violencia de xénero. Ten un compoñente machista evidente y que, desde logo, non representa o sentir xeral do Concello da Rúa», conclúa a alcaldesa. 

Acto vandálico contra o mural feito polas mulleres de Matria na Rúa