jueves. 28.03.2024

O Concello da Rúa estreará en poucos días paneis informativos en edificios e paraxes singulares do concello para así, por a disposición das persoas que pasen polo Camiño de Inverno o seu patrimonio cultural.

Esta iniciativa terá 4 vertentes, por un lado sinalizaranse oito igrexas —Fontei, Santo Estevo, San Juan de Roblido,  San Xulián, Somoza, Vilela e Capela de San Roque—, dúas paraxes —O Aguillón e o Mirador do Barranco Rubio— ademáis do petroglifo de Pedrazais e a Lápida romana situada no adro da igrexa da Rúa Vella. Por outro, instalaranse dous planimétricos, ademais de facer un vídeo a vista de páxaro e imaxes de 360º.

A entrada da Rúa, na C-535 por encima do Campo San Roque e na zona recreativa do Aguillón colocaranse planimétricos culturais. Dous carteis xenéricos co plano do concello onde se verá a localización de cada un dos elementos que se van a sinalizar individualmente. « De esa maneira intentamos cos paneis xenéricos que se van a colocar a entrada da Rúa coma no Aguillón que teñan unha visualización de onde están cada un deles», sinalou Luis Fernández Gudiña, alcalde da Rúa.

En cada monumento ou paraxe colocarase un cartel identificador. No caso das igrexas de Fontei e Santo Estevo ademais posuirá un código QR. De maneira que, si alguén se achega a algunha destas igrexas e a atopa pechada a través deste código poderá ver unha imaxe en 360 º do interior do edificio. «Si ven un peregrino, chega a igrexa de Fontei ou da Rúa Vella e ve que está pechada, a través do seu móbil pode ver o interior. Para iso se vai facer esa actuación», explicou Fernández Gudiña.

Un vídeo a vista de paxaro mostrará o paso do Camiño de Inverno polo Concello.

O proxecto ten un orzamento de 11.727 euros que serán subvencionados nun 35% pola Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e o 65% restante polo Concello.

«Xa están feitas as gravacións aéreas e a imaxe de 360º do interior das igrexas e agora están elaborándose o planimétrico e o cartel identificador. Colocarase a principios de novembro xa que ten que estar rematado antes do 9 de novembro», asegurou Gudiña.

Monumentos onde se colocarán os paneis informativos

A Rúa informará do seu patrimonio cultural aos peregrinos