miércoles. 31.05.2023
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
OLYMPUS DIGITAL CAMERA

O concello de A Rúa ten a solución ao problema de turbiedade da auga que nos últimos anos veñen sufrindo co depósito de Santa Estevo. Luis Fernández Gudiña, alcalde da vila, ven de propoñer a Augas de Galicia a unión deste depósito co de Fontei “co fin de trasvasar auga cando ocurra unha contingencia das características da última trevoada, que nos obligou a estar cuatro ou cinco días coa auga turbia, sen posibilidade de poñerlle solución”.

Na reunión co ente galego, Gudiña quixo buscar a mellor solución a un problema que ven de lonxe e que busca “aminorar un pouco os efectos da contaminación da auga nun día a máis tardar”. Pola súa banda, o director de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez, “amosouse receptivo e pareceulle unha boa idea porque trata de resolver problemas que afectan a saúde dos veciños”, explica o rexedor. Tanto é así que esta semana, “dous técnicos da Consellería virán ao concello para estudiar in situ a proposta e ver a mellor maneira de solucionalo”.

Pola súa parte o concello de A Rúa elaborou unha pequena memoria facendo un estudio de situación e máis un presuposto “do que nós entendiamos que podía custar resolver o problema, unhos 300.000 euros aproximadamente”. Unha cantidade que resulta excesiva para un concello pequeno que sí “leva feitas determinadas accións como por exemplo a renovación de máis de 300 metros de tubería”.

Aproveitando a reunión con Augas de Galicia, Luis Gudiña recordou ao director do ente a necesidade de finalizar o proxecto de renovación de abastecemento e saneamento no concello, obra que “no seu día foi valorado en cerca de 2.100.000 euros e que estaba distribuida en tres fases das que sólo se levou a cabo a primeira”.

A Rúa quere conectar os depósitos de Fontei e Santo Estevo